martes, 24 de diciembre de 2013

Mini Bundt cakes... de chocolate!!

Mini Bundt Cakes 
(primeiro intento.. xa veremos se hai segundo!)

Ingredientes
  • 2 tazas de fariña
  • 1 taza de azucre 
  • 1 culleradiña e media de bicarbonato de soda
  • 1 taza de manteiga sen sal 
  • 1/3 taza de cacao puro
  • 1/2 culleradiña de sal  
  • 2 ovos grandes 
  • 1/2 taza de "crema agria" (sour cream)
  • 1 culleradiña de extracto de vainilla

Instrucións
Prequentar o forno a 180º. 
Nun bol grande, mezclar a fariña co azucre e o bicarbonato de soda. Reservar. 
Nun recipiente (nunha pota ou nun cazo) pequeno, quentar a manteiga, o cacao, sal e 1 taza de auga a lume medio.
Cociñar, removendo, ata que ferva e quede ben mezcladiño (sobre 2 - 3 minutos). Despois engadir esta mezcla aos ingredientes secos e mezclar usando unha espátula de silicona ata que quede ben mezclado nunha masa húmida. Engadir os ovos, un de cada vez, ata que quede ben combinado. Finalmente engadir a "crema agria" ata que quede ben mezcladiño.
Verter a masa no molde e meter no forno durante 20-25 minutos (se tedes un forno como debe ser... non coma o meu!!) ou ata que ó clavar un palillo saia limpiño.
Sacar do forno e deixar enfriar polo menos 15 minutos antes de darlle a volta e deixar enfriar de todo nunha rexa.
A "crema agria" non é fácil de encontrar, asi que eu tentei facela daquela maneira... buscando por internet: usei dous iogures loureiro, que teñen que quedar na nevera escuando nun coador (que escúa sobre un bol) e tapado con papel film toda a noite. Quedar só co que queda no coador e tirar o escuado.
O día seguinte hai que botarlle dúas culleradiñas de zume de limón recén exprimido e remover ata que quede ben mezclado. Deixar repousar polo menos dúas horas.


Penso que quedaría mellor con nata, a próxima probo porque non quedei nada convencida... bonitos si peroooooooo...
Muak!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario