Mostrando entradas con la etiqueta TARTAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TARTAS. Mostrar todas las entradas

martes, 30 de abril de 2013

TARTA DE CABELLO DE ÁNGEL

Tipo Mondoñedo (ou ó xeito dunha focense)




INGREDIENTES:
- Masa de hojaldre ou tipo hojaldre (eu compro unha masa de mercadona)
- 250 grs de almendra picada

-1 bote de cabello de ángel (tamén pode facerse outro día colgo a receta)
- 1 trozo de biscoito caseiro ou unha bolsa de biscoitos para desfacer

- Almibar con auga fervida e azúcar
-Unhas cereixas para adornar

ELABORACIÓN

1º-Sacamos a masa e poñémola a desconxelar un pouco ata que se poda estirar ben. Engrasamos un molde e poñemos por riba a masa estirada, o que sobre gardámolo para adornar.
2º- Mentres poñemos un cazo con auga e desleimos azúcar (eu boto unhas cantas cucharadas no fondo do cazo con auga para que o almíbar espese).
3º- Desfacemos o biscoito ou os biscoitos nun bol e mollámolos co almíbar.
4º- Disponse no fondo do molde de forma que cubra todo.
5º- Abrimos o cabello de ángel e ímolo dispoñendo enriba da capa do biscoito.
6º- Dispoñemos agora unha capa coas almendras.
7º- Adornamos con tiras do hojaldre e pintamolo con ovo
Metese no forno quente


TARTA DE COCO

                                                                      

Para facer unha rica tarta de coco necesitamos:
INGREDIENTES
  • unha base de hojaldre ou masa quebrada
  • 300 gr. de coco
  • 300 gr. de azucre
  • 4 iogures naturales
  • 8 ovos
ELABORACION
  • sepáranse as claras das xemas
  • as xemas mézclanse co azucre, os iogures, e o coco
  • as claras, móntanse a punto de neve
  • mézclase  todo moi despacio pa que non se baixen as claras.
  • vótase a mezca todo nun molde previamente untado con aceite ou manteiga, e cuberto co hojaldre.
  • métese o forno a 170 ou 180 graos mais ou  menos ata que coza a gusto do consumidor,
  • picase o dulce con unha agulla e cando saia limpa, xa esta listo,
  • deixar enfriar e ñam, ñam.

jueves, 18 de abril de 2013

TARTA DO PAÍS


.









INGREDIENTES:

5 ovos
1/2 kilo de améndoa moída
1/2 kilo de azucre moreno
1/2 kilo de "cabello de ángel"
Un chorro de licor( coñac,  guinda,...)
Hojaldre






MODO DE PREPARACIÓN

Poñemos o hojaldre no fondo dun molde e por riba a mestura  de ovos (pouco batidos), azucre, cabelo, améndoa e licor.
Por riba pódense poñer tiras de hojaldre, froita escarchada ou améndoas enteiras para adornar.
Cocer a 180 graos durante 1 hora aproximadamente.

miércoles, 17 de abril de 2013

TARTA DE QUEIXO

TARTA DE QUEIXO

Ingredientes:

Seis ovos.
Seis quesitos.
Dous iogures naturais.
Duas medidas de fariña ( medidas de vaso de iogur).
500 ml. de nata.
Duas medidas de azucar.

Preparación:

Mesturar todos os ingredientes. Pasalos pola batidora.
Preparar un molde e poñer papel vexetal dentro do molde para que non se pegue.
Baleiramos toda a mestura no molde e colocamos no forno a 180 grados durante tres cuartos de hora.
Comprobar cun palillo si coceu suficientemente. Desmoldamos en frio e metémolo na nevera.


TARTA DE AMÉNDOA






INGREDIENTES:

8 ovos
400 gramos de améndoa moída.
400 gramos de azucre
1/4 de vaso de coñac








PREPARACIÓN:

Bater ben os ovos e engadir o azucre. Remexer un pouco e, de seguido, botar a améndoa e o licor. Meter no forno durante 45 minutos a 180 graos.
Pódese cubrir con azucre glass. O coñac pode sustituirse por viño doce ou outro licor.
O ideal é facela de un día para outro.