miércoles, 29 de mayo de 2013

TARTA DE MAZA RAPIDA

Ingredientes: 

6 mazás. 
4 ovos. 
1 iogur natural. 
raspa de limón. 
1 medida de iogur de fariña. 
2 medidas de iogur de azucre 
1 medida de iogur de aceite. 
1 sobre de levadura royal. 

Forma de facela: 

Pícar moi miudiñas as mazás e xúntanse tódolos ingredientes nunha cunca. Tamén se poden botar as mazás picadas cando a masa xa está feita para que queden os trozos polo medio sen desfacer. 
Batir todo coa batidora e botar no molde engrasado con manteiga. 
Pelar unhas mazás en láminas finas para adornar. 
Meter no forno unha hora a 180 grados. Cando estea dourada, cubirla con marmelo de albaricoque. Podemos facer tamén unha mestura de marmelo de albaricoque con cognac e azucre deixando que ferva e botámola por enriba da tarta cun pincel. 

domingo, 12 de mayo de 2013

CAPRICHO DE ARACELI

                                        CAPRICHO DE ARACELI




Ingredientes

1 "tarrina de requesón"
Aceite de millo medido polo envase do requeixo
A mesma medida de azúcar
2 medidas de fariña da forma que dixemos antes
4 ovos
3/4 do sobre de royal (ou o fermento que queiras)
Froitos vermellos empapados en coñac durante horas
1 mazá

Modo de preparación

Batemos todo xunto pero empezamos cos ovos, aceite e azúcar e imos engadindo a fariña, fermento e o requeixo.
Poñemos todo nun molde e por enriba colocamos os froitos vermellos e a mazá que previamente cortamos en láminas.
Quentamos o formo 5 minutos antes e metémolo durante 40 min. a 170 graos.



TRUFAS

                                                            TRUFAS
Ingredientes

100 gramos de nata líquida
150 gramos de chocolate para postres
1 chorro de coñac


Modo de preparación

Troceamos o chocolate mentras se quenta a nata (hasta que ferva ). De seguido engadimos o chocolate en anacos e remexemos hasta que a pasta sexa homoxénea. Engadimos coñac e volvemos remexer; deixamos que enfrie e logo metémolo no conxelador durante varias horas. Cando o saquemos deste, facemos boliñas e rebozamos en "virutas" de chocolate ou cacao.