miércoles, 29 de mayo de 2013

TARTA DE MAZA RAPIDA

Ingredientes: 

6 mazás. 
4 ovos. 
1 iogur natural. 
raspa de limón. 
1 medida de iogur de fariña. 
2 medidas de iogur de azucre 
1 medida de iogur de aceite. 
1 sobre de levadura royal. 

Forma de facela: 

Pícar moi miudiñas as mazás e xúntanse tódolos ingredientes nunha cunca. Tamén se poden botar as mazás picadas cando a masa xa está feita para que queden os trozos polo medio sen desfacer. 
Batir todo coa batidora e botar no molde engrasado con manteiga. 
Pelar unhas mazás en láminas finas para adornar. 
Meter no forno unha hora a 180 grados. Cando estea dourada, cubirla con marmelo de albaricoque. Podemos facer tamén unha mestura de marmelo de albaricoque con cognac e azucre deixando que ferva e botámola por enriba da tarta cun pincel. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario