Seica hoxe toca máis chocolate!!!!
Galletas de chocolate - receita de "El Bulli"
Para 20 galletas:
1 cullerada de manteiga
1 ovo
120 gr de chocolate, e para os trociños de dentro 45 gr en total de chocolate negro e chocolate branco a partes iguais.
80 gr de azucre
1 cullerada de fariña de trigo (eu boteille máis..)
1/4 culleradiña de "5 especias" en pó
1/4 culleradiña de café soluble
1/4 dunha vaina de vainilla
Comezamos, imos preparar primeiro todos os ingredientes, abrindo as vainas de vainilla pola metade e quitando as sementes do interior cun coitelo.
Por outra banda, machacamos os 45 gr de chocolate (branco e negro) deixándoo en trociños.
O outro chocolate poñémolo a fundir (eu fíxeno ó baño maría, pero pódese facer tamén no micro).
Xuntamos os ovos co azucre e montámolos cun batidor de man, engadimos as sementes de vainilla.
Atemperamos a manteiga e mezclámolo co chocolate fundido.
Mezclamos os ovos montados coa manteiga e o chocolate coa axuda dunha espátula e despois engadimos o resto dos ingredientes (fariña, chocolates branco e negro, café soluble e especias) e incorporámolos á masa anterior mezclando cunha língua.
A masa envólvese en papel film e enróllase ata obter un tubo duns 4 cm de diámetro.
Conxelamos a masa para que sexa máis fácil de cortar. Cando a saquemos cortámola en discos dun cm de grosor.
Dispoñemos os discos sobre a bandexa do forno cuberta con papel e cocemos a 180º durante 10 minutos.
Hoxe vemos qué tal!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario