martes, 30 de abril de 2013

TARTA DE CABELLO DE ÁNGEL

Tipo Mondoñedo (ou ó xeito dunha focense)




INGREDIENTES:
- Masa de hojaldre ou tipo hojaldre (eu compro unha masa de mercadona)
- 250 grs de almendra picada

-1 bote de cabello de ángel (tamén pode facerse outro día colgo a receta)
- 1 trozo de biscoito caseiro ou unha bolsa de biscoitos para desfacer

- Almibar con auga fervida e azúcar
-Unhas cereixas para adornar

ELABORACIÓN

1º-Sacamos a masa e poñémola a desconxelar un pouco ata que se poda estirar ben. Engrasamos un molde e poñemos por riba a masa estirada, o que sobre gardámolo para adornar.
2º- Mentres poñemos un cazo con auga e desleimos azúcar (eu boto unhas cantas cucharadas no fondo do cazo con auga para que o almíbar espese).
3º- Desfacemos o biscoito ou os biscoitos nun bol e mollámolos co almíbar.
4º- Disponse no fondo do molde de forma que cubra todo.
5º- Abrimos o cabello de ángel e ímolo dispoñendo enriba da capa do biscoito.
6º- Dispoñemos agora unha capa coas almendras.
7º- Adornamos con tiras do hojaldre e pintamolo con ovo
Metese no forno quente


No hay comentarios:

Publicar un comentario