ROSCÓN DE YOGUR:
INGREDIENTES:
- 3 ovos
- 1 yogur natural
- I medida de yogur de aceite de oliva
- 2 medidas de yogur de azucre
- 3 medidas de yogur de fariña
- 1 sobre de levadura Royal
- A raiadura dun limón
- 6 noces en trociños pequenos
- Un puñado de uvas pasas de Corinto
- Manteiga para untar o molde
MODO DE FACELO:
Untar o molde con manteiga e espolvorear fariña para que non se pegue o roscón. Deixar aparte.
Medir o azucre, a fariña e o aceite. Mesturar a levadura coa fariña. Poñer as uvas pasas a reblandecer nun pouco de auga quente (tamén se pode usar viño doce). Prequentar o forno a 200 grados.
Nun bol batir os ovos. Engadir o azucre, o yogur, o aceite e por último a fariña coa levadura. Pódese mesturar coa batidora pero queda mellor a man cunha culler. Engadir a raiadura de limón, as noces ben limpas e as uvas pasas.
Unha vez obtida unha mestura sen grumos, verter no molde. Poñer no forno durante 40 minutos a 200 grados (pode variar segundo a potencia do forno). Pódese usar un pincho para probar se xa está cocido.
Deixar arrefriar e desmoldar. E agora a disfrutar!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario