miércoles, 17 de abril de 2013

BROWNIES

Ingredientes (para facer o doble do que fixen eu):

500 gr de manteiga sen sal
300 gr de chocolate polo menos 60% de cacao 
5 ovos grandes
450 gr de azucre
1 cucharadiña de extracto de vainilla
200 gr de fariña
1 cucharadiña de sal
250 gr de fresas secas (eu botei arándanos e pasas)

Precalentar o forno a 180º.

Forrar un molde con papel de forno.

Derreter xuntos a manteiga e o chocolate ó baño maría.

Bater os ovos xunto co azucre e o extracto de vainilla ata que engorde e esté cremosiño.

Unha vez derretidos a manteiga e o chocolate, quitar do lume e engadir a mezcla de ovo.

Engadir a fariña e o sal xuntos e continuar batindo ata que esté ben mezclado. Engadir os froitos secos, mezclar e botar no molde.

Vai ó forno durante 20-25 minutos, ata que a corteza rompa.

Non quitar o papel ata que enfríe uns 20 minutiños máis ou menos.


Yuhuuuuuuu!!

3 comentarios: